Deputación da Coruña e Oficina Española de Turismo en Dublín promocionarán o Camiño Inglés e o de Fisterra-Muxía en Irlanda

A Deputación busca estender a Irlanda as accións de difusión do Camiño que xa está se están levando a cabo en Inglaterra

Representantes da Deputación da Coruña e da Asociación de Municipios do Camiño Inglés mantiveron unha videoconferencia con Rubén López-Puído, director da Oficina Española de Turismo en Dublín, co obxectivo de analizar posibilidades de colaboración neste ano en relación á promoción dos camiños de Santiago.

Na reunión estiveron presentes Antonio  Leira, deputado de Facenda, Xosé Regueira, vicepresidente provincial e responsable da área de Turismo, así como técnicos da área de Turismo da Deputación e membros do equipo técnico da Oficina de turismo de España en Dublín.

Nos últimos anos produciuse un fenómeno de revitalización dos camiños de Santiago, tanto en Irlanda como en Reino Unido. Por este motivo, a Deputación da Coruña intensificou no últimos tres anos a promoción dos Camiños no Reino Unido, fomentando a colaboración con Asociacións de peregrinos, Universidades e operadores de turismo británicos para aumentar a visibilidade dos dous roteiros xacobeas que discorren integramente pola provincia: o Camiño Inglés e o Camiño Fisterra- Muxía.

Nesta liña, iniciáronse contactos en Irlanda, con asociacións con moito percorrido na promoción do Camiño de Santiago, como Camiño Society  Ireland, para iniciar unha colaboración para mellorar a promoción turística e analizar as necesidades no contexto actual.

Na reunión mantida co equipo da Oficina de Turismo de España en  Dublin, avanzouse para colaborar conxuntamente na promoción do Camiño. Así mesmo, iniciouse a posibilidade de realizar viaxes de familiarización para operadores de turismo ou para prensa especializada.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.