Deputación e UDC estudan unha colaboración para promocionar o deporte inclusivo

A Deputación e a Universidade da Coruña (UDC) estudan novas liñas de colaboración para promocionar conxuntamente o deporte inclusivo

A deputada responsable da área de Deportes, Cristina Capelán, reuniuse na sede da Deputación coa vicerreitora de Igualdade, Cultura e Deporte da UDC, Cristina López Villar, e directora de Deportes da institución académica coruñesa, Marta Bobo Arce, para abordar posibles liñas de colaboración en distintos campos do eido deportivo.

A Deputación e a UDC manteñen desde hai anos unha estreita colaboración para a promoción de actividades culturais e deportivas, así como para a mellora de infrastruturas deportivas, coma as pistas de atletismo do Campus de Elviña.

Agora ambas institucións buscan ampliar aínda máis esa colaboración cun programa de promoción do deporte inclusivo, que poderían practicar conxuntamente persoas con e sen diversidade funcional.

A deputada e as responsables de Deportes da UDC analizaron a situación do deporte na provincia e cómo está a afectar ao sector a crise sanitaria actual. Cristina Capelán afirmou que a Deputación da Coruña incrementa este ano un 2% o orzamento destinado a apoiar aos clubes coruñeses, que superará os 4 millóns de euros, e manterá o programa de contratación de técnicos deportivos dos concellos, no que inviste 1 millón de euros e que o ano pasado creou 77 empregos noutros tantos municipios.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.