Esquerda Unida súmase ás mobilizacións convocadas para este xoves baixo o lema “Agora si toca!”

Baixo o lema “Agora si toca” este vindeiro 11 de febreiro as centrais sindicais das Comisións Obreiras e a UGT veñen de convocar mobilizacións por todo o estado

En Galicia as mobilizacións terán lugar nas grandes cidades (agás Ferrol) co obxectivo de reivindicar o cumprimento dos compromisos adquiridos co goberno central e facer efectiva a recuperación de dereitos e distribución da riqueza. Ambas son cuestións imprescindibles para a recuperación económica fronte á situación de vulnerabilidade na que se atopa a clase traballadora e que a pandemia da Covid19 acaba de poñer en evidencia.

Esquerda Unida considera que a subida do Salario Mínimo Interprofesional, a derrogación da reforma laboral e a derrogación da reforma das pensións, son tres piares fundamentais que o goberno central debe aprobar, e serán tamén os que centren as mobilizacións convocadas polos sindicatos como prioridades urxentes e irrenunciables para mellorar as condicións de vida para a clase traballadora, para que ninguén quede atrás.

Esquerda Unida súmase e fai un chamamento á participación nas mobilizacións estatais convocadas por CC.OO. e UGT para o vindeiro 11 de febreiro.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.