Folga en ADIF para defender o emprego e o carácter público do administrador ferroviario

O comité xeral de empresa do Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (ADIF) convoca un mes de mobilizacións entre o 26 de febreiro e o 26 de marzo. O obxectivo é defender o emprego e o carácter público da empresa ante a política de externalizacións e amortizacións de persoal por parte do administrador ferroviario.

Pedro Cano, presidente do comité provincial do ADIF na Coruña e delegado de CCOO, sinala que a «extrema carencia» de persoal xera un modelo de empresa «afastado das verdadeiras necesidades sociais e económicas da cidadanía».

Segundo o voceiro de CCOO, o ADIF incumpre o disposto no convenio colectivo sobre os ingresos de persoal, que deberían estar «moi por riba» do 110 % da taxa de reposición. Ao tempo que non hai novas contratacións, o administrador ferroviario externaliza traballo «en áreas críticas», como os pasos a nivel, desvíos, electrificación ou freado automático de trens.

Mobilizacións

— Venres, 26 de febreiro. Paros parciais de 2 horas: de 07:00 a 09:00 e de 15:00 a 17:00.

— Sábado, 27 de febreiro. Paro parcial de 2 horas: de 00:00 a 02:00.

— Venres, 5 de marzo. Paros parciais de 2 horas: de 07:00 a 09:00 e de 15:00 a 17:00.

— Sábado, 6 de marzo. Paro parcial de 2 horas: de 00:00 a 02:00.

— Venres, 12 de marzo. Paros parciais de 2 horas: de 07:00 a 09:00 e de 15:00 a 17:00.

— Sábado, 13 de marzo. Paro parcial de 2 horas: de 00:00 a 02:00.

— Venres, 26 de marzo. Folga de 23 horas. 00:00 a 23:00.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.