Gómez Reino pregunta no Congreso pola fiscalización do proxecto da planta de Reganosa

“A regasificadora de Mugardos é un exemplo claro de como o Partido Popular puxo as institucións e a riqueza deste país ao servizo de intereses privados”

Unidas Podemos vén de rexistrar unha batería de iniciativas parlamentarias para coñecer o nivel de fiscalización do proxecto de regasificación de Reganosa en Mugardos, así como a documentación que serviu de base para a Declaración de Impacto Ambiental (DIA), unha decisión que supón o primeiro paso para a concesión definitiva da autorización de actividade a unha planta que leva máis dunha década en funcionamento sen os requisitos legais.

“O goberno de Mariano Rajoy”, lembrou hoxe o deputado galego Antón Gómez Reino, “fixo unha excepción a este trámite ambiental en 2016, unha decisión que foi declarada ilegal por una sentenza do Tribunal Supremo en 2019”.

A Declaración de Impacto Ambiental cumpre con esta resolución xudicial, pero sen aclararse “nin a necesidade do proxecto nin a máis que probable prevaricación continuada a favor de Reganosa polos diferentes gobernos do PP en Galicia e no Estado”.

O Grupo Parlamentario tamén rexistrou unha serie de preguntas relativas aos controis realizados en relación ao impacto ambiental, así como o risco que supón para a poboación a actividade desta factoría. A veciñanza da zona e o propio sector marisqueiro xa viñeron denunciando durante anos o impacto negativo da planta sobre a ría e o perigo que supón para a poboación de Mugardos, Ferrol e O Seixo.

“De ser realmente necesaria, a planta puido ubicarse fóra da ría, como en principio estaba proxectada para Enagás cuando esta era unha empresa pública, pero elixíronse os terreos xunto á fábrica petroquímica de Forestal do Atlántico para favorecer un pelotazo urbanístico do señor Tojeiro, amigo de Fraga, que agora ten dúas plantas cunha actividade declarada como perigosa e anexa a zonas urbanas”, sinalou Gómez Reino.

O deputado denuncia que a planta non era necesaria no momento da súa construcción nin o é na actualidade: “O propio informe da CNMC de setembro de 2018 di que a planta só aporta ao sistema un 6% da súa capacidade e fai só un uso do 25% do seu potencial, o que amosa o negocio só é rendible polo encarecemento da factura eléctrica que paga a cidadanía”.

Como lembra o deputado galego, “foi o goberno de Jose María Aznar, baixo o auspicio de Manuel Fraga, o que introduciu esta planta na Planificación dos Sectores de Electricidade e Gas 2002-2011. E fíxoo en base a unha autorización administrativa previa da Comisión Nacional de Enerxía, cuxa cúpula estaba ocupada naquel tempo por membros do seu partido”.

O que máis preocupa a Gómez Reino é a seguridade da poboación. “A aprobación da planta fíxose cun incumprimento grave do Regulamento de Actividades Perigosas, que marcaba unha distancia mínima de 2.000 metros do núcleo máis próximo de poboación. A planta está a menos de 100 metros das primeiras viviendas e pegada a unha factoría petroquímica. Ese regulamento xa non está vixente, pero o peligro de accidente si”.

A planta de Reganosa continúa a súa actividade a pesar das cinco sentenzas firmes do Tribunal Supremo que anulaban as autorizacións previamente concedidas. Antón Gómez Reino alerta de que o futuro pode deparar máis do mesmo: “Agora o valedor do Grupo Tojeiro é o señor Feijóo, que está impulsando a construcción de plantas de hidróxeno con cargo a fondos europeos para que a empresa siga enriquecéndose a costa dos impostos que paga toda a cidadanía”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.