Martina Cotelo: «Aínda que a situación non é fácil, nunca me planteei abandoar»

Martina Cotelo, xove empresaria que decidiu pouco antes de que empezase o COVID-19, montar o seu propio negocio, un salón de peiteado, que atópase no corazón da cidade herculina, xusto detrás do Centro Comercial 4 Camiños

Co salón de peiteado aínda sufrindo unha remodelación, chegou o peche nacional polo estado de alarma.  Primeiro pau para está perruqueira natural de Cereixo, lonxe de vir abaixo,  Martina, unha loitadora que segue coas mesmas ilusións, aínda mais que cando decidiu introducirse nesta aventura. a pesar das adversidades, mantén o espírito guerreiro,  recibindo, xunto a Bea, a cada  client@  co seu mellor sorriso. Martina terá a recompensa que se merece por non lanzar nunca a toalla.

¿Por qué decides meterche  nesta aventura de coller o salón de peiteado?

Pois non foi algo que tivera en mente, pero fai un ano a que era a miña xefa, en aquel momento decidiu que a traspasaba,  despois de darlle moitas voltas e animada por outra xente decidín aventurarme. Era unha oportunide para emprender o meu negocio.

-Con tan pouco tempo aberta, chégache o peche polo Estado De Alarma, ¿ pensaches en abandonar?

Aínda que a situación non é fácil, eso sempre é a última opción é cando non quede mais por onde tirar. De momento non mo planteei, collina con moita ilusión e ganas e a día de hoxe sigo coas mesmas ou máís.

– Despois dun ano no que apenas houbo vodas ou eventos deste tipo, houbo que reinventarse

Creo que o tirón máis forte ahora mesmo está nas redes sociais, estamos traballando con eso e intentando traer novedades para diferenciarnos un pouco, xa que a competencia nesta zona e forte.

-Contas cunha clientela habitual, que segue ao teu lado.

En este caso creo que somos nos as que temos que adoptar ese papel, pero apoiamonos mutamente, estou moy agradecida a toda esa xente que conta con nos, sin todos eles, será imposible manterse hasta este punto

-Por último e para non quitarche un segundo máis do voso traballo,.¿Como afrontas este 2021?

Afrontamos coa incerteza da vacunación, agardemos que chegue pornto a todos é volvamos ao maís parecido a normalidade que tiñamos.

 

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.