O BNG pide que se manteña o actual transporte escolar no Caurel e os postos de traballo que xera

Carme Aira cuestionou o concurso de transporte elaborado pola consellería de Educación e pediu unha solución para os nenos e nenas do Caurel

A deputada do BNG, Carme Aira formulou unha pregunta ao conselleiro de Educación ante o conflicto xerado polo concurso de transporte escolar que prexudica gravemente  ao nenos e nenas e ao tecido socioeconómico da Serra do Caurel.

A deputada nacionalista  explicou que o BNG apoia as reivindicacións  da comunidade educativa e o pobo do Caurel  para garantir os servizos de transporte escolar ante o novo concurso de Educación cun deseño de rutas elaboradas por unha empresa  avalada pola consellería que aboga por paradas e medidas de tempo “ficticias”, reduce de 6 a 4  as rutas e alonxa aos nenos e nenas dos seus domicilios obrigandóos a permanecer á intemperie ante a falta de marquesiñas.

Ademais, afirmou Aira, somete aos nenos e nenas a longos percorridos, con riscos innecesarios exixindo que os vehículos pasen de un máximo de 9 prazas a microbuses con 25. A parlamentaria preguntou a Román Rodríguez se a consellería é realmente  “consciente” das consecuencias ás que serán sometidos os nenos e nenas durante os catro anos do concurso do transporte escolar.

“Non poden conculcarlle dereitos as nenas e nenos do Caurel, ou de calquera outro sitio de montaña, obrigándoos a facer un maior esforzo para estudar   e incumprindo o principio de igualdade que en teoría nos garante a lei”, recalcou a deputada do BNG.

Por outra banda, afirmou que baixo a escusa de exixencias da Unión europea e da normativa de contratos do sector público, o PP formalizou uns “macrolotes” con condicións inasumibles para os actuáis prestadores do servizo. Queremos pensar, dixo a deputada do BNG, que o Partido popular conta “cun plan para recuperar o emprego na zona e dotar ao concello de servizos para a súa mobilidade.

O concurso actual é a antítese do que precisa a Serra do Caurel

“Dende o BNG pedimos unha oportunidade para manter o tecido socioeconómico da Serra do Caurel e impedir que o concello perda poboación en caída libre. Reclamamos que se cumpran as directrices europeas sobre zonas de alta  montaña con necesidades específicas e neste sentido, exiximos que desagreguen o transporte escolar do Caurel do lote 27 para  manter un servizo cun  deseño similar ao que veu dando bos resultados nos últimos 30 anos”.

A  deputada  asegurou que o actual  concurso é  a “antítese” do que precisa esta Serra e bota por terra  á propaganda do Partido popular sobre as medidas para superar a crise demográfica e o apoio ao medio rural e de montaña.

A parlamentaria abogou por empregar os Fondos europeos do Plan Feder en iniciativas destinadas ao desenvolvemento  e posta en valor  da zona e non para a  precarizar, aínda máis, a vida das persoas. Non utilicen eses fondos, reiteoru Carme Aira en proxectos que deixan ser servizos ao Caurel, “non os destinen a beneficiar ás grandes empresas en detrimento do dereito dos nenos e nenas á educación”.

Un corcurso paralizado por vía xudicial

Tras a intervención do conselleiro de Eduación que se  referiu  á paralización do concurso para analizar as alegacións, a nacionalista pediu  “respeto” pola Serra e os seus habitantes, “non fagan o amago de  facer ver que paralizan  o concurso cando o único que fan é aprazar a decisión”. A paralalización, afirmou Aira  obedece  á resolución do Tribunal Administrativo de Recursos Contractuais de Galiza,  TACGAL, e non a unha decisión da consellería.

“Refagan os lotes, comprométanse co rural, coas zonas de montaña, coas persoas que viven nelas e que cada día superan as dificultades de vivir alí e cada día optan por quedarse”, concluíu.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.