O BNG pregunta se as persoas afectadas polo Parque Ofimático continuarán a ser co-promotoras do polígono

A concelleira do BNG Avia Veira vén de rexistrar unha batería de preguntas ao Goberno Local en relación ás persoas de Elviña afectadas polo Polígono de Xuxán, en concreto cuestións que ficaron por esclarecer após as dúas xuntanzas realizadas pola chamada Mesa de Traballo do Ofimático

Con posterioridade a estas reunións, o Executivo coruñés encamiñou ás persoas afectadas e aos grupos municipais o documento Guía para a Reordenación Urbanística dos terreos da marxe dereita de Alfonso Molina.

Pois ben, polo que se interesa Avia Veira é por saber se “coa estratexia que se propón no documento” as persoas afectadas polo Ofimático continuarán a ser co-promotoras do polígono ou se, como é o seu desexo, serán liberadas desta actuación urbanística.

Na mesma liña, inquire a edil nacionalista o Goberno Local sobre a hipótese de permutar as cotas de urbanización ás que estarían obrigadas estas persoas polos aproveitamentos urbanísticos aos que estas veciñas e veciños terían dereito. “Tivo as xuntanzas pertinentes o Goberno Municipal co persoal de recadación de tesourería para artellar esta alternativa?”, pergunta.

Quere coñecer tamén se o Executivo coruñés ten noticia de que prazos manexa o Goberno do Estado para licitar a ampliación da Vedra e, por último, demándalle información ao gabinete presidido por Inés Rey sobre cando pensa convocar unha nova xuntanza da Mesa de Traballo do Ofimático.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.