O Concello de Padrón destina 227.500 euros en axudas para 115 persoas autónomas e microempresas locais

Un total de 115 persoas autónomas e microempresas do concello de Padrón recibirán financiamento a través das axudas do programa PEL Reactiva solicitado polo equipo de goberno á Deputación da provincia da Coruña. O Concello vén de publicar o anuncio coa resolución desta liña de subvencións, que ascende no municipio padronés a 227.500 euros. Cada un dos beneficiarios poderá dispor de axudas que oscilan entre os 1.500 e os 3.000 euros para paliar as consecuencias económicas da pandemia da Covid-19 no último exercicio.

As persoas autónomas e microempresas beneficarias deste programa terán ata o vindeiro 31 de marzo de 2021 para presentar de xeito telemático a documentación xustificativa dos gastos subvencionables, tal o cal o Concello procederá ao pago dos importes concedidos.

“Dende o Goberno local de Padrón somos conscientes das consecuencias da pandemia da Covid-19 na economía e por iso afanámonos en buscar axudas e en ofrecer programas de impulso económico para salvar ás persoas autónomas e as empresas do nosos municipio. Dende o primeiro momento desta crise global, traballamos para dar resposta as necesidades da nosa cidadanía, xa non só en materia sanitaria e social senón tamén co obxectivo de salvagardar o emprego e os negocios na nosa vila”, explicou Antonio Fernández Angueira, alcalde de Padrón.

Estas subvencións inclúense dentro do Plan PEL Reactiva 2020, cofinanciado polo Deputación da provincia da Coruña. O principal obxectivo desde programa é impulsar a actividades económica e o emprego en Padrón e contribuír a facer fronte aos danos económicos causados pola pandemia da Covid-19.

As distintas axudas destinaranse ao financiamento de gastos correntes así como para afrontar os gastos derivados da adquisición de produtos hixiénicos ou de adaptación de espazos ás medidas de protección fronte á Covid-19. Así, o obxectivo é contribuír á recuperación e viabilidade dos proxectos empresariais locais no novo contexto socioeconómico.

Esta subvención súmase aos programas de reactivación económica para dinamizar a economía local que se desenvolveron dende o Concello de Padrón ao longo dos últimos meses. Por exemplo, o Plan de Reactivación do Turismo e do Comercio elaborado pola concellaría de turismo para os anos 2020 e 2021 inclúe a creación dunha marca local reforzada para promocionar na comarca e na comunidade, así como a creación dun marketplace no que dar visibilidade ao comercio local, diversificando as súas canles de venta. Os distintos equipos do Goberno local mantiveron reunións cos distintos axentes sociais e económicos da vila para adaptar todas as axudas e programas ás súas necesidades reais.

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.