O Concello de Padrón, por riba da media galega en reciclaxe

O Executivo local de Padrón converte ao concello nun dos que máis recicla en toda a comunidade autónoma, segundo os datos do último informe de Ecoembes. A recollida selectiva nos colectores amarelos ascendeu durante os nove primeiros meses de 2020 a 94.240 quilogramos e a 194.960 kg no caso da recollida selectiva de papel e cartón.

A análise das cifras do aportado para reciclaxe nos últimos anos mostran a tendencia positiva rexistrada no municipio. Así, no ano 2019 Padrón aportou 14,82 quilogramos por habitantes de envases lixeiros, mentres a media galega é de 12,9 kg/hab e a española é de 17,10 kg/hab. Entre 2016 e 2019 Padrón incrementou nun 8,4% a reciclaxe dos envases lixeiros.

No caso do papel e o cartón, no 2019 Padrón reciclou 27,88 quilogramos por habitante, o que representa unha media moi superior a galega –que está en 13,9 kilos por habitante- e tamén por riba da española – que era de 19,4 kilos-. Padrón conseguiu nun prazo de tres anos aumentar un 11,90 % a reciclaxe deste material.

Estes datos son froito dunha intensa labor realizada polo departamento de recollida e tratamento dos residuos urbanos. Nos últimos anos o Executivo de Padrón realizou un importante investimento na adquisición de novos colectores e na realización de accións para a súa agrupación. De feito, no último exercicio mercáronse un total de 200 colectores e o investimento ascendeu a aproximadamente 35.000 euros.

O alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, sinalou que “o investimento realizado nos últimos anos arroxa agora datos positivos, que sitúan a Padrón como un municipio comprometido co medio ambiente e coa reciclaxe. Dende o Executivo traballamos para mellorar o día a día da veciñanza”

Para seguir mellorando estas cifras dende Ecoembes recomendan que se poña en marcha un proceso de recollida selectiva no sector HORECA, nos centros escolares e en grande produtores, así como tamén promoven a difusión da campaña “separar con xeito”, entre outras medidas coordinadas co equipo de goberno local.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.