O mercado ecolóxico regresa este domingo ao campo da Leña co 50% da súa capacidade

Adoptaranse todas as medidas de seguridade establecidas polas autoridades sanitarias debido á COVID-19

O mercado de produtos ecolóxicos e de proximidade regresa este domingo ao Campo da Leña de A Coruña tras meses de parón debido ás restricións pola pandemia. Faino polo momento cunha capacidade do 50%, é dicir con tan só dez postos, para garantir as medidas de seguridade e a distancia social, e sen a carpa onde se organizan actividades para nenas e nenos e persoas adultas, que se retomarán unha vez que as autoridades sanitarias o permitan.

A partir de mañá, habilitarase unha entrada ao mercado, onde se colocará xel hidroalcólico, e a saída realizarase por un lugar distinto, para garantir a distancia social.

A concelleira de Comercio, Mercados e Barrios, Diana Cabanas, que visitará mañá o mercado, sinala que o Goberno local impulsa este tipo de comercio para responder á demanda e incrementar o número de persoas consumidoras na Coruña. E asegura que o que se busca con este tipo de iniciativas é facilitarlle á veciñanza a compra de alimentos ecolóxicos e de proximidade.

Desde a Concelleria de Comercio apuntan que a pandemia supuxo un maior apoio ao comercio e á produción local. “É importante apoiar as produtoras e os produtores locais aos que a crise do coronavirus prexudicou; unha situación da que se están intentando recuperar”, subliña a concelleira.

Tamén destaca o cambio que nos últimos anos se produciu nos hábitos de compras e na alimentación Por iso é necesario darlles prioridade aos produtos de proximidade e comprar no comercio local co fin de axudarmos a revitalizar a nosa economía e de apostarmos por un consumo máis sustentable. “Aquí podemos facer unha compra eco, variada e a moi bo prezo; unha cesta sustentable”, di.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.