O PSdeG condena o “intolerable ataque machista e vexatorio” contra a primeira muller que vai ser alcaldesa de Ribadavia

Marina Ortega esixe “máximo e escrupuloso respecto” co desenvolvemento de cargos de responsabilidade pública por parte das mulleres e denuncia o ataque contra a imaxe de Noelia Rodríguez

A secretaria de Políticas Sociais do PSdeG e parlamentaria autonómica por Ourense, Marina Ortega, denuncia o “intolerable ataque machista e vexatorio” contra a futura alcaldesa de Ribadavia, Noelia Rodríguez. Así o dixo logo de coñecer a campaña de descrédito nas redes sociais empregando imaxes privadas da futura alcaldesa.

Ortega denunciou o “execrable ataque” contra a primeira muller que vai ser alcaldesa na vila ourensá, e esixiu o “máximo e escrupuloso respecto” ao desenvolvemento dos cargos de responsabilidade pública por parte das mulleres. Reclamoulle ao PP que amose a súa condena contra este feito para evitar calquera tipo de complicidade con estes ataques públicos contra a imaxe de Rodríguez.

Ademais, Marina Ortega puxo en valor o perfil da que será a primeira muller alcaldesa de Ribadavia: “unha muller formada e traballadora, que compatibiliza o seu compromiso político co seu traballo como enfermeira”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.