Os concelleiros do PSdeG-PSOE felicítanse porque a Xunta de Galicia atende unha demanda histórica dos socialistas deste concello

 As obras do remate do segundo andar do edificio e a transformación dos Apartamentos Tutelados en Residencia para maiores é unha mellora necesaria para moitos galegos que agardan  praza nun centro público.

 Os Socialistas de Antas de Ulla reclamamos un investimento de 813.000 euros para o ano 2021, nos orzamentos da Xunta destinados a proxectos vitais para o futuro do noso Concello, pero só atopamos o voto en contra do PP.

813.000 euros nos orzamentos da Xunta

O Grupo Parlamentario Socialista ven demandando dende fai anos, a través das emendas aos orzamentos da Xunta, proxectos e inversións vitais para o futuro do noso Concello, pero só atopamos o voto en contra do PP”.

O pasado 26 de xaneiro celebrouse no Parlamento de Galicia o pleno de orzamentos, no que propuxemos un investimento de 813.000 euros, a través de catro emendas, para atender as demandas das nosas veciñas e veciños. Concretamente demandamos 153.000 euros precisamente para as obras da segunda planta dos «Apartamentos Tutelados», outros 60.000 euros para mellorar a situación da Galiña azul, un investimento de 200.000 euros para o Proxecto do centro de día, e por último 400.000 euros para o centro de saúde tan necesario”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.