Os populares de Sarria trasládanlle a Elena Candia “os reiterados incumprimentos” do goberno local sobre os acordos plenarios

O voceiro do PP local, José Antonio García, critica “a actitude antidemocrática do señor Garrido” porque “prexudica a Sarria e aos nosos veciños”

A corporación requiriu ao goberno municipal nun pleno extraordinario solicitado polo PP dar cumprimento a 14 acordos incumpridos nestes preto de dous anos de mandato con 10 votos a favor e 5 en contra, os do goberno en minoría de Camiña Sarria – Galicia Sempre.

Os populares puxeron en valor “os investimentos da Xunta en Sarria, os máis importantes dos últimos tempos: as obras da autovía que contan cun investimento de preto de 25 millóns de euros, a rehabilitación do CEIP Frei Luis de Granada cunha achega de 1,2 millóns e do CAPD con 450.000 euros”

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.