Os Resentidos presenta o seu segundo single adicado aos mariñeiros (Vídeo)

ORGANIZACIÓN NAUTILUS, título do novo álbum, sairá a venda o 16 de abril de 2021

A noticia da publicación dun novo disco da histórica formación Os Resentidos foi acollida polo público e a prensa como un dos eventos do ano na música galega. Agora presentamos o segundo single «Outro día máis sen ir ao mar», un himno entre tropical e tradicional adicado ao traballo diario dos mariñeiros.

Fantasía e coraxe hai na nova música de Os Resentidos que, a punto de cumprir 40 anos da súa fundación (1982), seguen simbolicamente pelexando polo tesouro do rock en galego.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.