Os socialistas de Portomarín demandan ao concello que “axude aos veciños diante da situación de COVID-19 na vila”

Silvia Rodríguez rexistrará un escrito no Concello de Portomarín para reclamar un protocolo de asistencia social aos veciños, así como información pública e veraz dos casos activos na vila

A Voceira Socialista do PSOE en Portomarín, Silva Rodríguez emprazou hoxe ao Alcalde a exercer as súas funcións “é axudar aos veciños que teñen dificultades na súa vida diaria diante da situación sanitaria polo COVID19 na vila”.

Rodríguez fíxose eco da denuncia realizada a través das redes sociais dunha familia de Portomarín que din están pasando por unha situación moi delicada, sen ningún tipo de axuda por parte do Concello de Portomarín. Nesta liña a voceira quere lembrar que fai só tres días compartíamos as medidas establecidas polo Concello ante o posible aumento de casos positivos na nosa vila,  pero hoxe temos a obriga de compartir a publicación desta familia, que está pasando por unha situación moi delicada. Non comprendemos como poden publicarse unha serie de medidas e aos 3 días incumplir esas medidas, porque algunhas das instalacións pechadas xa están abertas”, insistiu.

Así as cousas anuncia que rexistrará un escrito no concello “para reclamar un protocolo de asistencia social aos veciños, así como información pública e veraz dos casos activos na vila”. Ademais replica que “o pasado 1 de febreiro, o Concello de Portomarín pedía aos veciños e veciñas responsabilidade e cumprimento das nosas obrigas. Pero onde está agora a responsabilidade e cumprimento do Concello de Portomarín?”, preguntouse.

«O goberno non ten sensiblidade»

E insistiu nas súas criticas “en qué quedaron as medidas establecidas e os peches anunciados?. Os membros do goberno de Portomarín non teñen un mínimo de sensibilidade e empatía ante unha familia que está sufrindo unha enfermidade?”, resumiu.

«Estamos a disposición dos veciños»

Por último remarcou que a Agrupación Socialista de Portomarín esta a disposición de todas as veciñas e veciños para colaborar e traballar polo futuro do noso Concello. “Non podemos deixar de lado a ninguén nesta situación tan excepcional, e dende os concellos debemos de dar exemplo axundando a facer a vida diaria da nosa veciñanza o máis doada posible”, dixo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.