Os socialistas demandan a Feijóo que recupere “de xeito urxente” o servicio de atención médica no centro de saúde de Burela

A Secretaria Provincial, Patricia Otero, denuncia que “actualmente este servicio de atención médica reduciuse no turno de tarde, e só se presta de martes a xoves durante 3 horas. Trala baixa dun facultativo no horario de mañá, cubriuse a quenda matinal á costa da vespertina cos conseguintes recortes para os seus usuarios”

A Secretaria Provincial do PSdeG-PSOE na provincia de Lugo e Deputada Autonómica, Patricia Otero anunciou hoxe que rexistrou unha batería de iniciativas parlamentarias para reclamar ao Goberno de Feijóo que recupere de xeito urxente o servicio de atención médica do centro de saúde de Burela.

Otero denuncia que “actualmente este servicio de atención médica no turno de tarde reduciuse, e só se presta de martes a xoves durante 3 horas. Trala baixa dun facultativo no horario de mañá, cubriuse a quenda matinal á costa da vespertina cos conseguintes recortes para os seus usuarios”, lamentou.

A dirixente socialista lembra que “en Xaneiro de 2020 o SERGAS anunciaba que o Centro de Saúde de Burela tamén abriría e pasaríanse consultas polas tardes a partir do mes de Febreiro, en horario de 14: 00 a 21:00 horas de luns a venres, e para elo contrataríanse tres novos profesionais: un médico de familia, un profesional de enfermería e un persoal de servicios xerais”.

Ademais critica que os “usuarios do cupo médico do turno da tarde do Centro de Saúde de Burela non foron informados desta situación, e lamentan a perda de citas durante estas quendas”.

Así as cousas Otero quere coñecer si o Goberno de Feijóo ten algunha intención de recuperar de xeito urxente o servicio de atención médica que se viña prestando de luns a venres, dende ás 14: 00 a 21:00 horas,  no centro de saúde de Burela. E cando prevé abrir a atención primaria de maneira presencial na localidade lucense.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.