Os socialistas instan á Xunta a presentar un “informe inmediato” para aclarar todas as vacinacións irregulares en Galicia

Julio Torrado sinalou que as vacinacións fóra de protocolo da conselleira delegada de DomusVi ou da alcaldesa de Boimorto son “moi graves” e trasladan “desacougo e desorden” á cidadanía

O voceiro de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, vén de instar á Xunta a presentar un “informe inmediato” para aclarar as vacinacións irregulares da covid. Torrado reclamou este informe a través dunha proposición non de Lei que presentou hoxe na Comisión de Sanidade e que foi rexeitada polo PP.

Torrado pediu ao goberno galego que elabore un informe detallado para saber quen son os perfís vacinados e aclarar as alteracións producidas no programa de vacinación contra a covid. Así, sinalou que a existencia de vacinacións irregulares con persoas ás que non lle corresponde en cada fase “alimenta a desconfianza cara o sistema” e trasladan “desacougo e desorden” á cidadanía.

En relación á vacinación irregular da conselleira delegada de DomusVi, Torrado criticou que a Xunta “lle pagase os favores prestados vacinándoa a ela e ao seu irmán”. Así, lamentou que a Xunta “lle comprase a súa xustificación”, que “é peor” porque non ten sentido “que non poidan ir as familias a ver aos seus maiores, pero si unha persoa que non é persoal asistencial sanitario”.

Ademais, fixo referencia á vacinación irregular da alcaldesa de Boimorto, quen “aproveitou a súa influencia para vacinarse”, polo que “ten que asumir a súa responsabilidade e dimitir”. Para iso, subliñou, o PP no Concello de Boimorto “ten que retirarlle o seu apoio”.

“As persoas cometen erros, algunhas involuntariamente, outras voluntariamente. Os erros voluntarios xa non son erros e, cando ditos erros se cometen en conivencia con quen ten a capacidade de decidir, estes son máis graves. Lamentablemente, isto ocorreu en Galicia”, sentenciou Torrado.

Así, sinalou que “todas as persoas que aproveitan un cargo de influencia para vacinarse cando non lle toca” están facendo algo “lamentable”. Neste senso, o responsable socialista pediu que cadaquén “se vacine cando lle toque” e pediu ao presidente da Xunta que aclare “se hai alguén na Cámara do Pleno do Parlamento que estea xa vacinado”.

Por último, Torrado volveu pedir a Xunta a contratación de “máis profesionais” sanitarios para abordar o proceso de vacinación contra a covid. Así, lembrou que “investir en duplicar as enfermeiras que están hoxe vacinando supón o 0,004% do orzamento da Xunta nun ano enteiro”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.