Os veciños de Traba usuarios do manancial do Outeiro da Xema, senten abandonados

Fai uns meses tivemos coñecemento dun proxecto para a realización dunha captación de auga na parroquia do Araño. O dito proxecto, que cando se intentou executar foi paralizado por carecer da licenza necesaria, preténdese executar no entorno de outras captacións existentes das que veciños de diferentes núcleos da parroquia levamos anos abastecéndonos.

Unha vez que tivemos coñecemento do proxecto solicitámoslle a Augas de Galicia que realizara un estudo da posible afección que a realización dese proxecto puidera ter nos mananciais existentes e que, en función dos resultados do mesmo, reconsiderara, de ser o caso, a autorización da captación proxectada. Foron moitos os escritos que nas últimas semanas presentamos perante Augas de Galicia con esa finalidade, mais a día de hoxe non obtivemos resposta. Intentámolo tamén a través do Valedor do Pobo, mais Augas de Galicia tampouco atende aos requerimentos que se lle fan dende a valedoría.
Os veciños de Traba, usuarios dende fai décadas do Manancial do Outeiro da Xema, sentímonos abandonados e estamos moi preocupados pois vemos, que corremos o perigo de quedar sen a auga do manacial do que os nosos avós xa beberon.
Se máis moitas grazas. Adxuntamos unha foto dunha concentración que realizamos fai unhas semanas en repulsa polo proxecto que se pretende executa

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.