Padrón deu luz verde por unanimidade á proposta presentada polo Executivo local para investir os fondos provinciais do Plan Único de Concellos

A Deputación provincial asignou ao Concello de Padrón un total de 416.285,95 euros para ás obras e servizos de competencia municipal. “Este é un investimento importante para o noso Concello que nos permitirá dar resposta ás demandas da nosa veciñanza e acondicionar diferentes espazos do noso municipio para mellorar a calidade de vida dos padroneses e padronesas. Este proxecto de inversión é froito da observación das necesidades da cidadanía no seu día a día”, declarou Antonio Fernández Angueira, alcalde de Padrón.

As obras que se van desenvolver con estes fondos son:

Acondicionamento interior da antiga Casa da Azucarera para destinala a Escola Municipal de Música (94.409,06 euros)

Pavimentación camiño do Couto a Arretén (68.181,15 euros)

Camiño en Sinde (Carcacía) e camiño en Pedroso (66.386,93 euros

Pavimentación e canalización pluviais no polígono industrial da Picaraña (32.518,07 euros)

Pavimentación en núcleo de Vilar (Estramundi) (32.171,84 euros)

Pavimentación camiños en Estramundi: Lamas e Agronovo (39.608,13 euros)

No Plan Complementario inclúense as seguintes actuacións:

Afirmado e acondicionamento de pistas en Tarrio (94.775,62 euros)

Afirmado e acondicionamento de pistas nas aldeas de Prada e Lamas (38.241,77 euros)

Pavimentación travesía de Compostela a Luáns e canal Iria Estramundi (59.971,30 euros)

Camiño Cruces-Bascuas e camiño na Escravitude (Cruces) (57.000,46 euros)

Un total de 35.779,81 euros da achega provincial destinarase ao financiamento de gastos correntes.

Gasto social

Pola súa banda, a aportación provincial asignada aplicada ao financiamento dos gastos sociais extraordinarios ascende a máis de 120.000 euros para este exercicio, tendo en conta o que se multiplicou a demanda dos servizos sociais nestes meses por mor da pandemia global da Covid-19.

Con estes fondos poderase reforzar o persoal tanto técnico como administrativo adscrito a este departamento para apoiar os equipos actuais, e facilitar a tramitación urxente das prestacións obxecto deste plan.

Asemade, vanse a ampliar e dotar as partidas destinadas a garantir ingresos suficientes ás persoas soas ou familias, maiores, persoas con diversidade funcional, mulleres en risco de exclusión ou vítimas de violencia de xénero, con baixos ou nulos ingresos económicos, mediante axudas económicas para asegurar a cobertura das necesidades básicas: vivenda, alimentación, electricidade, gastos médicos ou farmacéuticos, transporte, que favorezan a integración.

Nesta partida tamén se inclúen axudas as familias para gastos que faciliten a escolarización, material informático, acceso aos medios dixitais valoradas polos profesionais dos servizos sociais comunitarios. Ao igual que o reforzo do servizo de axuda a domicilio –cada vez máis demandado-, o reforzo dos servizos e axudas económicas, axudas para persoas sen fogar, e adquisición de medios de prevención contra a Covid-19 destinados exclusivamente aos profesionais dos servizos sociais e persoas usuarias dos programas que non conten con medios para adquirir os mesmos.

 

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.