Podemos Galicia cualifica de “trapallada xurídica” a reforma da Lei de Saúde

Podemos Galicia reclama unha aposta determinada do Goberno galego pola sanidade pública e insta a “deixar de engordar o negocio das clínicas privadas pola porta de atrás”

Podemos Galicia considera que o proxecto lexislativo que o PP de Alberto Núñez Feijóo levará ao debate no próximo pleno do Hórreo “é unha trapallada xurídica, inconsistente desde o punto de vista legal, e innecesaria desde o punto de vista sanitario porque non cumpre co obxectivo fundamental que sería o de mellorar a saúde das e dos galegos”.

“Manifestar con claridade que a proposta de reforma da Lei de Saúde de Galicia agocha un notable recorte de dereitos e liberdades ao tratar a pandemia e a alarma sanitaria como un problema de orde público”, manifestou Antón Gómez Reino, deputado e Secretario Xeral de Podemos Galicia.

“Esta Lei de Saúde non é froito nin da necesidade nin do consenso. Non foi traballada cos profesionais da saúde, nin atende aos seus requerimentos nin aos retos futuros. É unha performance publicitaria como tantas outras as que Feijóo nos ten afeitos no seu goberno de titulares sen feitos”, engadiu o deputado galego.

Tras analizar a proposta, desde a formación aseguran que “é un texto redactado de xeito unilateral e apresurado, innecesario desde o punto de vista sanitario e que agocha un claro recorte de dereitos e liberdades cidadás escusandose na pandemia”.

“Unha reforma oportunista anunciada a bombo e platillo polo presidente galego, que no mes de  outubro remitía esta proposta fallida ao Congreso dos Deputados na procura de réditos políticos e partidistas e que agora ‘recicla’ no Parlamento galego para impoñela co rodillo da maioría absoluta do PP”.

Tanto é así que a proposta se  achega como Proposición de Lei do grupo popular do parlamento de Galicia e non como Xunta para evitar o preceptivo informe xurídico dos Servizos Xurídicos do Parlamento Galego que deberan pronunciarse sobre a legalidade da mesma.

Desde Podemos Galicia instan ao Goberno popular de Alberto Núñez Feijóo a que “goberne máis aló da mercadotecnia política. Urximos, con especial intensidade neste contexto complexo da pandemia, a que a Xunta faga unha aposta decidida e dialogada pola Sanidade Pública que resposte as necesidades reais dos profesionais e dos centros con máis e mellores medios e persoal, e o tan demandando reforzo da Atención Primaria e nos coidados”.

“Unha aposta reiteramos, que teña a súa traducción en investimentos e asignacións concretas ao público, logo dunha década de retallos, en lugar de seguir a engordar o negocio das clínicas e dos centros hospitalarios privados pola porta de atrás” rematan.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.