Presentadas as novas liñas de transporte público en Lugo

“Fixemos un importante esforzo para conectar as zonas industriais e o HULA co resto da cidade”, explicou Rubén Arroxo

O Tenente de Alcalde e concelleiro de Mobilidade e Infraestruturas, Rubén Arroxo, presentou esta mañá na Mesa de Transporte Público o proxecto de novas liñas de transporte público, realizado con máis de un milleiro de achegas das veciñas e veciños. “O documento definitivo está completamente confeccionado e dar pasos adiante na súa implantación nas vindeiras datas”, explicou Rubén Arroxo.

O novo proxecto de transporte público está formado por 22 liñas, que estarán cubertas por 21 buses. Rubén Arroxo explicou que “o novo proxecto de mobilidade está compostas por catro grandes liñas que conectarán as zonas norte e sur de Lugo, e dúas máis que conectarán o leste co oeste da cidade”, e destacou as conexións das distintas zonas, como o eixo Norte-Sur da cidade, que inclúe a Avenida da Coruña, a Ronda da Muralla, a avenida Ramón Ferreiro e a Avenida de Madrid, onde se atopa a maior parte da poboación, terán un bus cunha frecuencia de 10 minutos.

A unión do Campus con Fontiñas terá unha frecuencia de 30 minutos, e contarán con catro liñas realizando esta conexión. A unión da cidade co entorno da UNED terán unha frecuencia de 30 minutos.

Os distintos barrios melloran as frecuencias de conexión co centro da cidade, pasando da hora entre cada volta que hai actualmente a 30 minutos cando entren en funcionamento as novas liñas.

O HULA gañará conexións con Fontiñas, a zona sur da cidade e a avenida das Américas, que co modelo actual non teñen transporte directo. As novas liñas permitirán conectar de xeito directo o hospital coas zonas de Fingoi, Magoi, Sagrado Corazón, as Gándaras, Avenida das Américas, Fontiñas, Fonte dos Ranchos, a Abella e Garabolos, mellorando tamén as frecuencias coa zona centro. “Contaremos con 6 liñas que partirán de distintas zonas da cidade e rematarán no HULA, permitindo que a maior parte da veciñanza teña transporte directo ao hospital”, segundo explicou Rubén Arroxo.

Un total de 12 liñas conectarán cada hora o centro da cidade co entorno do río, en catro puntos distintos. Cada 15 minutos pasará un bus das liñas pola pasarela en fronte do Pazo Universitario. O barrio da ponte estará cuberto tamén por este novo proxecto de liñas, que pasará cada 30 minutos. A Fábrica da Luz e o parque da UNED, onde se accede á desembocadura do Rato co Miño, terán tamén unha frecuencia de 30 minutos. Rubén Arroxo afirmou que “as conexións da cidade co río, xunto co HULA, eran as solicitudes máis requeridas polas veciñas e veciños ás qeu con este novo modelo de transporte urbano demos solución”.

Nos polígonos do CEAO e das Gándaras mellorarase tamén as conexións, quedando ambas áreas industriais co barrio de Fontiñas e o sur da cidade, cun total de seis liñas que entre os seus percorridos inclúen a unha das zonas industriais e dúas que pasan por ambas, unindo as áreas industriais de xeito directo con zonas como Fingoi, o Campus Universitario, Fontiñas, Magoi, Avenida das Américas e coa zona centro, pasando moitas destas liñas pola Ronda da Muralla. Ao mesmo tempo, a zona rural manterá o servizo contando con catro liñas de transporte público.

O Tenente de Alcalde presentou a proposta aos concelleiros e concelleiras representantes do resto de Grupos Municipais na Mesa de Transporte Público, que conta con Miguel Couto representando ao grupo municipal do PSOE, Antonio Ameijide por parte do PP e Olga Louzao por Ciudadanos. Arroxo agradeceu “a implicación e a actitude propositiva de todos os grupos municipais na confección das novas liñas”, e lembrou que

Rubén Arroxo explicou que “antes da entrada en funcionamento das novas liñas, realizaremos unha campaña de promoción das mesmas para que toda a veciñanza planifique a nova mobilidade de Lugo”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.