Publicada a listaxe de persoas solicitantes e requeridas do BonoTaxi en A Coruña

A concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, destacou “o compromiso do Goberno local en publicar a lista definitiva o antes posible para que as persoas beneficiarias destas axudas poidan empregar os bonos a maior cantidade de meses posible”
O Concello de A Coruña, a través da Área de Benestar Social, publica a listaxe de persoas solicitantes e requiridas da convocatoria de axudas para o transporte en taxi, o BonoTaxi 2021, que se pode consultar no portal web municipal.
A concelleira de Benestar Social, Igualdade e Participación, Yoya Neira, destacou “o compromiso do Goberno local en publicar a lista definitiva o antes posible para que as persoas beneficiarias destas axudas poidan empregar os bonos a maior cantidade de meses posible”. Por iso, “a convoctaria fíxose pública o 27 de novembro, a data máis temprana dos últimos anos, cumprindo así unha vella demanda das persoas usuarias”.
O prazo para presentar a documentación requirida remata o 19 de febreiro de 2021. As persoas interesadas solicitantes que non emenden a solicitude ou presenten a documentación preceptiva no prazo establecido, entenderase que desisten da súa solicitude.
No documento que se atopa na web municipal pódese consultar a listaxe de persoas solicitantes coa indicación do resultado do proceso de verificación de cumprimento dos requisitos nesta convocatoria, e a relación de persoas solicitantes requiridas no procedemento de Axúdalas BonoTaxi 2021.