Rubén Arroxo e Néstor Rego mantiveron unha xuntanza telemática sobre o alumeado das entradas a Lugo por estrada

O BNG presentará unha iniciativa para “revisar os criterios do Ministerio de Transportes, que non garanten a seguridade nas estradas galegas”

O portavoz do BNG e Tenente de Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo mantivo unha xuntanza telemática co deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, na que abordaron a situación do alumeado público nos viais de entrada á cidade de Lugo dependentes do Goberno do Estado. Rubén Arroxo explicou que “o Ministerio de Transportes mantén sen alumear as distintas entradas a Lugo, tanto por estrada como polas distintas autovías”.

“O ministerio de Transportes calcula as necesidades de alumeado pensando no tráfico de diario de cidades como Madrid, que non se corresponden coa realidade de Galiza”, explicou Rubén Arroxo, que engadiu “o Ministerio non ten en conta que en Galiza temos días máis escuros nos meses de inverno e máis precipitacións, o que fai a circulación máis insegura”.

O BNG presentará no Congreso do Estado, a través do deputado nacionalista Néstor Rego, unha iniciativa para “revisar estes criterios e garantir a seguridade viaria nas vías que discorren por Galiza”. Néstor Rego explicou que “esta cuestión é especialmente importante nas entradas aos núcleos de poboación”. “Desde o BNG traballaremos para que o goberno garanta as mellores condicións nas infraestruturas galegas”, sentenciou Néstor Rego.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.