Unha campaña en liña sobre “fake news” na Unión Europea

A través de Europe Direct A Coruña, impartiranse unha serie de obradoiros e debates cos que analizar o universo informativo europeo

A Deputación Provincial da Coruña organiza, a través de Europe Direct A Coruña, unha campaña en liña sobre información e desinformación na Unión Europea que se desenvolverá ao longo dos meses de febreiro e marzo. As actividades da iniciativa están dirixidas a persoas de entre os 18 e os 30 anos que sexan membros do Club UE.

Baixo o título ‘Información vs. Desinformación’, preparáronse unha serie de charlas e debates cos que analizar o universo informativo europeo e aprender a verificar e distinguir as noticias reais dos ‘bulos’. Para iso contarase cunha serie de persoas invitadas e un obradoiro impartido conxuntamente coa plataforma de ‘fact checking’ Maldita.es.

O primeiro taller, ‘Onde buscar información sobre a UE’, transmitirase o xoves 18 de febreiro en horario de 16:00 a 17:00. Nel introducirase a temática e ofreceranse solucións para consultar información veraz e oficial relacionada coa Unión Europea.

O xoves da semana seguinte, 25 de febreiro, Maldita.es ofrecerá un obradoiro de verificación de noticias falsas sobre a UE, nunha iniciativa da rede nacional de centros Europe Direct, coa participación da Representación da Comisión Europea en España, baixo o título ‘Cres todo o que les na redes? #UERadarBulos’.

Finalmente, o 4 de marzo cerrarase a campaña con ‘Que non che colen nin un bulo!’, unha actividade coa que aprender a protexerse da información falsa. Participará Verónica Ramallal, CEO de Pekecha, que ensinará claves para detectar a desinformación na rede, entender as causas pola que se forma e saber como reaccionar.

Como participar

Os únicos requisitos para inscribirse é formar parte do Club UE, ao que poden unirse persoas de entre 18 e 30 anos. As persoas que xa son membros poderanse inscribirse nos obradoiros de xeito individual.

A páxina web da Deputación Provincial da Coruña serve como plataforma tanto para unirse ao Club UE como para anotarse nas actividades da campaña.

Para participar nas formacións, que teñen prazas limitadas, é preciso formar parte do ClubUE e anotarse.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.