Unha exposición virtual con trinta fotografías sobre as Reservas da Biosfera lucenses

Trátase das imaxes que competiron no VI Concurso de Fotografía destes territorios que promove a Deputación de Lugo

As trinta instantáneas admitidas no VI Concurso de Fotografía das Reservas da Biosferas Terras do Miño e Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá poden verse nunha exposición virtual na páxina web da Deputación de Lugo. Esta edición, que tivo como fío condutor As nosas árbores, busca pór en valor e dar a coñecer o patrimonio natural destas dúas Reservas da Biosfera, xestionadas pola Deputación de Lugo.

A mostra, entre a que se atopan todas as imaxes participantes na edición do 2019, pódese visitar na área de medio ambiente da páxina web da institución provincial. Entre as fotografías atópanse tamén as tres vencedoras desta edición, que levan por título As árbores, o corazón das nosas Reservas, Monumento Natural e Green.

A sétima convocatoria do concurso, que versará sobre Sendeiros das Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses, dará a coñecer as bases nas próximas semanas a través do Boletín Oficial da Provincia.

Calendario do National Geographic

Unha das imaxes gañadoras do IV Concurso de Fotografía das Reservas Terras do Miño e Os Ancares Lucenses ilustra o mes de marzo no calendario do 2021 editado pola Rede Española de Reservas da Biosfera, en colaboración coa prestixiosa National Geographic. A fotografía, do castro de Santa María de Cervantes, foi realizada por Óscar Doral e leva o tútulo de Ocaso Castrexo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.