Unha unidade móbil para a doazón de sangue desprazarase mañá e o mércores a Narón

Unha unidade móbil da Axencia para a Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) desprazarase mañá e o mércores á cidade

Na xornada de mañá o vehículo localizarase nas inmediacións da Praza da Constitución de Narón, na Solaina, entre as 15.30 e as 21.00 horas, se ben o mércores 24 permanecerá estacionada xunto ao centro de saúde, na rúa 25 de Xullo, tamén en horario de tarde, de 15.30 a 21.00 horas.

Debido á actual situación sanitaria e para escalonar a afluencia de doadores/as, trabállase con cita previa para evitar esperas, podendo chamar para reservala as persoas que o desexen ao número de teléfono (de balde): 900 100 828. O persoal das unidades móbiles de ADOS e dos locais de doazón segue exhaustivos protocolos de seguridade para a prevención da Covid-19.

Aquelas persoas que acudan a doar sangue deben almorzar previamente e, no caso de xantar, esperar dúas horas antes de realizar a extracción. Haberá que presentar ao persoal da unidade móbil a tarxeta de doazón, o DNI ou algún documento similar e informar ao médico no caso de que se estea tomando algún medicamento.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.