Unidas Podemos cuestiona a liña de alta tensión que a Xunta tramita para Arteixo, Carballo e A Laracha sobre espazos protexidos

Gómez Reino inquire no Congreso por unha infraestrutura de 14 quilómetros e 51 torres eléctricas cunha afección medioambiental irreversible nas Mariñas coruñesas e as Terras do Mandeo

Unidas Podemos cuestiona a necesidade de construír unha nova liña de alta tensión de 14 quilómetros a longo dos concellos de Arteixo, A Laracha e Carballo que atravesaría as reservas da biosfera das Mariñas coruñesas e das Terras do Mandeo cunha afección ambiental irreversible para dar servizo a un novo parque eólico de Eólica Gallega del Atlántico S.L.

O deputado galego, Antón Gómez Reino, ven de rexistrar unha pregunta escrita no Congreso na que inquire polas razóns que levan ao Goberno galego a tramitar este proxecto eléctrico e sobre a necesidade real desta instalación que supón unha nova agresión ambiental e paisaxística na comarca.

O proxecto en cuestión, que se atopa en fase de tramitación administrativa e de impacto ambiental por parte da Xunta de Galicia, consiste na instalación dunha liña de alta tensión (L.A.T) de 66 kilovatios aerosoterrada de impacto supramunicipal ao afectar aos tres concellos da contorna supramunicipal da Coruña. O promotor é Eólicos Breogán S.L, do grupo Acciona.

Esta liña serviría para conectar o parque eólico de Monteagudo, con sete muíños de vento e xa autorizado polo Goberno de Feijóo, coa subestación eléctrica do polígono de Morás, que tramita a antiga Unión Fenosa.

Acciona xustifica a necesidade desta liña de alta tensión nunha suposta utilidade pública que desde Unidas Podemos entendemos que non estaría debidadamente xustificada nin acredita porque non se pode soterrar na súa totalidade. Supón a instalación dunha conducción eléctrica de 14. 434 metros con 51 torres de alta tensión de 45 metros de altura a longo do seu trazado polos tres concellos da contorna da Coruña.

Por se fose pouco, e tal e como consta no informe da Xunta, a liña proxectada por Acciona transitaría polas Mariñas coruñesas e Terras do Mandeo, que son reserva da biosfera. No concreto, hai un tramo de 500 metros que se adentra na ribeira do Rego do Ibaias que habitan especies vexetais e animais protexidas ou mesmo en perigo de extinción nun humedal e nunha paisaxe singular da provincia que cómpre preservar, sinala Gómez Reino no escrito rexistrado no Congreso.

O propio concello de Arteixo xa ten presentado alegacións a liña de alta tensión polo seu gran impacto. Desde Unidas Podemos solicitamos a revisión do mesmo para que se acredite a súa necesidade e a posibilidade de utilizar as redes eléctricas xa existentes en lugar de executar unha nova cun impacto ambiental que sería irreversible sobre espazos de especial protección.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.