Unidas Podemos eleva ao Congreso as presuntas irregularidades da Xunta na drenaxe da Mina de Touro

Gómez Reino: “A autorización de drenaxe temporal podería supor o traslado de augas contaminadas dende unha zona moi deteriorada a outra xa afectada por filtracións”

O deputado de Unidas Podemos, Antón Gómez Reino, vén de presentar unha iniciativa onde pón de manifesto “as presuntas irregularidades cometidas por parte da Xunta de Galicia coa aprobación do proxecto de drenaxe temporal da mina de Touro”.

Gómez Reino entende que “a autorización de drenaxe temporal podería supor o traslado de augas contaminadas dende unha zona moi deteriorada a outra xa afectada por filtracións”, o que a xuízo do deputado, “lonxe de resolver o gran problema de contaminación existente na zona, podería amplificalo”.

A iniciativa presentada no Congreso e asinada tamén polo deputado e voceiro de Medio Ambiente da formación, Juantxo López de Uralde, recolle que o proxecto de drenaxe temporal na mina de Touro conta con alegacións por parte de diversas organizacións sociais, que denuncian que o procedemento de actualización do proxecto de explotación San Rafael en Touro e O Pino, non conta con avaliación de impacto ambiental favorable, polo que non existe plan de restauración ambiental que se englobe nese proxecto de drenaxe temporal da mina.

A isto súmaselle que a empresa tiña un prazo de 3 meses a partir das obras de bombeo para presentar o proxecto definitivo de tratamento de augas interiores e que o servizo de Energía y Minas xa dera ese mesmo prazo en 2018 para dar conta do proxecto definitivo.

“Estes requerimentos”, sinalou o deputado pola Coruña, “foron ignorados de maneira reiterada por Explotaciones Gallegas S.L., polo que a falta de presnetación do proxecto definitivo, existen dúbidas razonables que desaconsellarían aprobar calquera tipo de proxecto”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.