Unidas Podemos pide ao CSD e a RFEF que cese a Louzán como presidente da RFGF

O deputado galego, Antón Gómez Reino, ve “inaceptable que Louzán siga á fronte da Federación Galega de Fútbol co beneplácito da Xunta de Feijóo e do señor Lete”

O Xulgado do Penal número 3 de Pontevedra condenou hai unhas semanas ao presidente da Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, a dous anos de cadea e oito de inhabilitación para cargo público polos delitos de prevaricación e fraude. “A pesar desta condena”, sinalou o deputado de Unidas Podemos Antón Gómez Reino, “vemos como o señor Louzán continúa no seu cargo”.

“É inaceptable”, continuou, “que Louzán siga á fronte da Federación Galega de Fútbol e que conte ademais co beneplácito da Xunta de Galicia e do Secretario Xeral para o deporte, o señor Lete. O silencio de ambos é significativo porque o que cala, otorga”. Por iso Unidas Podemos rexistrou unha iniciativa parlamentaria para que a Secretaría de Estado para o Deporte inste á Federación Española de Fútbol a que cese a Rafael Louzán dos cargos que ostenta como responsable de la Real Federación Española de Fútbol.

No escrito tamén se insta a Irene Lozano a que se poña en contacto coa Xunta de Galicia “e que esta aplique o artigo 87.5 d) da lei do deporte de Galicia que faculta ao Comité Galego de Xustiza Deportiva, dependente da Secretaría Xeral para o Deporte, a tomar as medidas sancionadoras oportunas. É máis”, lembrou Gómez Reino, “a condena de inhabilitación que recae sobre Louzán fai que poida estar incumprindo os Estatutos da propia Federación Galega que indican que para ter a condición de membro dos órganos de goberno non se pode estar inhabilitado para desempeñar cargos públicos”.

Dende Unidas Podemos non se entende que “unha persoa condenada por dous delitos, entre eles fraude, e inhabilitada para cargo público poida seguir xestionando contratos e subvencións públicas”. “É intolerable. Rafael Louzán non debe nin pode seguir un minuto máis de presidente da FGF”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.