Unidas Podemos pregunta polos informes da Xunta para opoñerse á prohibición da caza do lobo

Gómez Reino: “O modelo de Feijóo espolea aos cazadores por motivacións políticas e fai oídos xordos ás advertencias da Unión Europea” 

Os deputados Antón Gómez Reino e Juantxo López de Uralde veñen de presentar unha iniciativa parlamentaria para coñecer os informes que presentou a Xunta de Galicia para defender a caza do lobo ibérico no territorio, así como os datos presentados pola administración galega sobre a efectividade desta acción nos últimos anos.

O deputado galego insiste en que “hai comunidades autónomas como a galega que pretenden vincular a caza do lobo cunha suposta reducción de danos nas explotacións agrogandeiras, unha cuestión que ao poñer os datos sobre a mesa non se pode demostrar”. De feito un estudo do CSIC e a Universidade de Oviedo de 2016 amosa que o acoso e a desestruturación das manadas de lobo ibérico tras temporadas de cacerías tivo como consecuencia máis ataques a gando, xerando precisamente o efecto contrario.

Unidas Podemos presentou diversas iniciativas orientadas a que o Ministerio dotase ao lobo ibérico da protección a nivel estatal da que goza esta especie no ámbito internacional. Dita protección fíxose efectiva tras a aprobación do dictame da Comisión Estatal do Patrimonio Natural e Biodiversidade, que avalou por maioría ampliar a categoría de protección do lobo ibérico. “Unha decisión tomada con rigor científico”, lembrou Gómez Reino, “e que vén a completar a protección que a Unión Europea lle deu baixo o amparo da Directiva sobre os hábitats da UE. Dende Europa xa se avisou ao Estado español en 2019 de que se trataba dunha especie protexida e de que a súa caza debía ser o último recurso”.

O deputado galego lembra precisamente que “nese sentido, a propia Unión Europea aprobou fondos destinados a compensar ata o 100% dos danos que este animal poida xerar nas explotacións gandeiras e tamén destinados a financiar medidas preventivas que poidan evitar estas situacións. A pesar disto”, engadiu Gómez Reino, “o que vemos por parte de rexións como a galega é un modelo ineficaz baseado en espolear aos cazadores recreativos cunha clara intencionalidade política, cazadores cuxa actividade vemos como, en época de Covid, constitúe unha das excepcións ás medidas tomadas pola administración pública galega para conter a expansión do virus”.

O deputado ecoloxista da formación e presidente da Comisión de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico, Juantxo López de Uralde, asegurou que “o noso apoio á gandeiría extensiva é evidente, pero non cremos que sexa contraditorio coa protección do lobo. Os problemas da ganadería extensiva teñen que ver cos baixos prezos, a competencia das macrogranxas, ou a falta de apoios, moito máis que co lobo. Cada vez hai máis gandeiros que apostan pola convivencia entre a gandeiría extensiva e o lobo. Dende o noso punto de vista é necesario dar máis axudas para apoiar medidas preventivas, garantir o rápido pago dos danos, e taxar o impacto económico de convivir con lobos”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.