Vilalba adquire un novo tractor con desbrozadora para limpar e acondicionar os camiños das zonas rurais

O Concello de Vilalba recibiu un novo vehículo para o parque móbil municipal, neste caso un tractor 4×4 con desbrozadora de brazo articulado

O tractor, adquirido con fondos propios do remanente de tesourería, realizará diferentes tarefas de limpeza e acondicionamento de viais e camiños no rural de Vilalba, dando resposta ademais ás demandas veciñais.

O concello ten unha gran extensión, con numerosos camiños, pistas e estradas que comunican o territorio, sendo un dos municipios con maior dimensión xeográfica de España.

O novo tractor, valorado en 106.480 euros, servirá ademais para renovar o parque móbil do concello. É un vehículo cun brazo articulado de gran alcance, o que permitirá a limpeza e eliminación de residuos en zonas onde os traballos manuais son difíciles de levar a cabo.

O grupo de goberno de Vilalba dará continuidade co novo tractor ao plan de desbroce e limpeza de camiños en todo o término municipal, coa finalidade de acondicionar os espazos de paso no rural.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.