Vilalba renovará o vial de máis de 3 quilómetros que comunica as parroquias de Samarugo e Corvelle

O grupo de goberno do Concello de Vilalba levará ao pleno deste xoves o proxecto de rexeneración integral do vial municipal que comunica as parroquias de Samarugo e Corvelle

En concreto, esta estrada de titularidade municipal comunica a zona sur da parroquia de Samarugo coa estrada provincial LU-P-6505, na parroquia de Corvelle. Ten un percorrido lonxitudinal de 3.155 metros e un ancho medio de 3,80 metros. A actuación inclúe ademais darlle unha solución aos problemas de drenaxe existentes en dous puntos de vias municipais de Corvelle.

O paso do tempo, a acción da auga e o intenso uso do vial que comunica as dúas parroquias provocaron o seu deterioro, polo cal resulta urxente a actuación, xa que a falta de capas superficiais de pavimento dificulta o tráfico de vehículos e peóns, incrementando o risco de caídas ou accidentes.

Por isto, a solución proposta para esta vía consiste na limpeza de noiros, a regularización da súa base e a pavimentación de toda a superficie con doble tratamento.

“É unha estrada moi transitada que necesita unha renovación de forma urxente, mellorando a seguridade viaria e dando resposta ás demandas dos veciños e veciñas de ambas parroquias”, explica Luis Fernández, concelleiro de Infraestruturas do Concello de Vilalba.

Os traballos terán un orzamento próximo aos 57.000 euros e, unha vez adxudicadas as obras, a empresa adxudicataria completará a renovación do vial e solucionará os problemas de drenaxe no prazo dun mes.

Este proxecto nas parroquias de Samarugo e Corvelle forma parte do plan integral de renovación e mantemento dos servizos básicos e infraestruturas do casco urbano e as parroquias, posto en marcha no 2019 polo actual grupo de goberno do Concello de Vilalba.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.