Volven a solicitar a apertura do camiño público pechado en Barrañán

Alternativa dos Veciños de Arteixo volve solicitar ao equipo de Goberno que recolla e incorpore ao inventario de bens municipais o tramo do Camiño da Costa que dá acceso á praia de Barrañán, xa que un particular se quere apropiar del

“O tramo do camiño segue pechado ao publico, por esta persoa que se quere apropiar do mesmo. Dende o concello non fn nada para liquidar o problema que priva á cidadanía de pasar por un camiño que foi sempre píblico”, declaran dende a formación.

Inexplicablemente, este tramo do Camiño da Costa nunca foi incorporado ao inventario de bens municipais por parte do Concello de Arteixo. Actualmente, “o particular quere apropiarse do citado camiño e privar o acceso aos propietarios das parcelas lindeiras e, tamén privar a todos os cidadáns o acceso polo mesmo á praia de Barrañán” denuncian.

“Esta situación que esta a acontecer con este tramo do Camiño da Costa, volve deixar patente a desastrosa situación e o caos urbanístico no que se atopa inmerso o municipio de Arteixo” apunta Noelia Martínez, Voceira de Alternativa en Arteixo.

“No Concello de Arteixo véñense cometendo atrocidades urbanísticas, facendo modificacións puntuais nunhas normas subsidiarias obsoletas, que na maioría dos casos rozan a ilegalidade ou mesmo son ilegais, simplemente para beneficiar a uns cantos empresarios ligados ao equipo de goberno. Pero agora, este goberno tamén permite que veña unha persoa e se apropie dun ben público” aseguran.

“Descoñecemos que tipo de intereses pode haber detrás deste camiño público como para que alguén pretenda apropiarse del e o goberno municipal non faga absolutamente nada. Fai máis dun mes que enviamos unha solicitude advertindo desta situación, pero aínda non recibimos resposta. Por iso, decidimos instalar un cartel ben grande e visible na entrada do camiño, no que se pode ler e entender que alguén se quere apropiar do mesmo, coa esperanza de que o poida ver algún membro do equipo de goberno e faga algo para evitar que alguén se apodere de algo que é de todos” matiza a voceira de Alternativa en Arteixo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.