49 novos desfibriladores aumentarán a protección da veciñanza dos concellos lucenses ante fallos cardíacos

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo adxudicou o contrato para a posta en marcha do programa Lugo, Provincia Cardiosaudable, a través do que a institución provincial subministra equipos DESA aos 49 municipios que decidiron sumarse a esta iniciativa para a súa colocación en instalacións públicas

A Deputación de Lugo aprobou, na Xunta de Goberno celebrada este venres, a adxudicación do contrato de subministro de 49 desfibriladores semiautomáticos por un importe que supera os 51.300€ para a súa instalación nos concellos adheridos ao programa provincial Lugo, Provincia Cardiosaludable.

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, resaltou que esta acción “enmárcase dentro da nosa aposta polas políticas sociais e responde ao noso firme compromiso de cooperación cos concellos, para que poidan prestar servizos públicos á veciñanza da mellor calidade aforrado custos”.

Con este programa, a Deputación de Lugo contribúe a mellorar a protección dos veciños e veciñas da provincia ante posibles fallos cardíacos. “É moi importante contar con equipos desfibriladores nas instalacións públicas para reducir ao mínimo posible o tempo de resposta ante unha parada respiratoria. Estamos falando da diferencia entre a vida ou grave secuelas, ou mesmo a morte”, sinalou Rivera Capón.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.