A Coruña e Avilés esixen a convocatoria da Mesa de seguimento ás administracións competentes para garantir o futuro das plantas de Alu Ibérica

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, viaxou a Asturias para reunirse coa súa homóloga en Avilés, Mariví Monteserín, e cos comités de empresa de Alu Ibérica para abordaren as situacións a seguir co fin de garantir o futuro das plantas de aluminio

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, viaxou a Asturias para reunirse coa alcaldesa de Avilés, Mariví Monteserín, e cos comités de empresa de Alu Ibérica da Coruña e Avilés para abordaren as actuacións a seguir co fin de garantir o futuro das plantas de Alu Ibérica.

Inés Rey pedirá a o Estado e á Xunta, xunto ca súa homóloga en Avilés, Mariví Monteserín, a convocatoria urxente da Mesa de Seguimento de Alu Ibérica co fin de buscar una solución inmediata que garanta a actividade industrial das dúas plantas. Entende que Alcoa é a máxima responsable dos incumprimentos dos acordos fixados na venda das fábricas e concorda cos comités da empresa na suposta ilegalidade do proceso especulatorio dos actuais propietarios, agora investigados pola Xustiza.

“Hoxe adquirimos un compromiso firme de trasladar á Xunta de Galicia, con competencias directas en Industria, e tamén ao Estado, a necesidade de convocar xa non una Mesa de Seguimento de Alu Ibérica, senón una mesa xeral para garantir os investimentos, os postos de traballo e un proxecto para o aluminio con independencia do camiño xudicial ao que non podemos agardar posto que urxe darlle una solución inmediata da man dos traballadores e das institucións con competencias na materia”, sinalou a rexedora coruñesa.

«Mediamos ante o Ministerio de Industria, estaremos en permanente contacto coa Delegación do Goberno e solicitaremos á Xunta de Galicia que se implique directamente na busca dunha solución de futuro para a planta de aluminio na Coruña, unha solución que pasa directamente pola implicación da administración autonómica en Galicia”, asegurou Rey, “non só porque é a Xunta a que ten as competencias en Industria, senón porque é, co Estado, a Administración con recursos suficientes para aportar solucións”.

Rey apuntou que “mantemos unha fronte común co Concello de Avilés, un municipio que está a vivir o mesmo problema ca nos, e con eles, da man, faremos máis forza”. Así, a rexedora manifestou a súa preocupación “polo que está a acontecer coa antiga Alcoa e pola situación laboral actual”. Rey lembrou que, no seu día, “xa solicitamos que se analicen polo miúdo as sucesivas vendas de Alcoa a Parter Capital primeiro e ao Grupo Riesgo despois” e asegurou que, pola súa banda, non se aceptarán xogos “con algo tan esencial como é o mantemento da actividade industrial”.

Rey indicou que o seu executivo segue “con moita atención os distintos procedementos xudiciais abertos sobre as ditas transaccións, tamén o que está en curso na Audiencia Nacional no que se dirime a legalidade da venda por non terse cumprido os termos dos acordos asinados” e, neste proceso, sinalou, “apoiamos tamén a postura das e dos traballadores e esiximos que, en caso de nulidade, se cumpran os termos dos acordos asinados no seu día cos representantes do persoal traballador”.

A alcaldesa da Coruña concluíu manifestando que se está a facer “todo o que está nas nosas mans en apoio do persoal traballador e das súas demandas, e saben que poderán contar con nós no que precisen”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.