A Deputación da Coruña e Arteixo cofinancian a mellora de camiños rurais e do sistema de abastecemento en Pastoriza

A Deputación achega a través do Plan Único o 60% do orzamento de ambas actuacións, que supoñen unha importante mellora das infraestruturas básicas do municipio

A Deputación da Coruña e o Concello de Arteixo unen forzas para desenvolver proxectos de mellora da seguridade viaria nas parroquias de Barrañán e Armentón e para renovar o sistema de abastecemento do municipio na contorna de Pastoriza. O Plan Único do ente provincial financia o 60% do custo total das actuacións, 447.142 euros, que se atopan en fase de licitación.

O Concello inclúe dentro dos seus proxectos para renovar infraestruturas básicasa mellora de varios camiños nas parroquias de Barrañán e Armentón. Os traballos levaranse a cabo nas estradasCM-00050, CM-00042, CM-00306, CM-00346, CM-00312, CM-00313.1, CM-00313.2 e CM-00333 que conectan con vías de comunicación principais no municipio, como poden ser a A-6, AG-55, AC-552, AC-551, AC-415,AC-15 ou estradas provinciais.

Co fin de mellorar estas rutas en mal estado, desenvolveranse tarefas de reparación de fochancas, limpeza de cunetas, pavimentación, sinalización e drenaxe. Estímase que o prazo de execución das obras será de 3 meses e as empresas interesadas poderán presentar ofertas ata o 13 de abril de 2021. A Deputación achega para esta actuación un total de 110.012 euros a través do Plan Único, sendo o custo total desta de 227.336 euros. O orzamento restante é aportado polo propio Concello.

Renovación da impulsión do depósito de auga de Pastoriza

Por outra banda, tamén está prevista a renovación completa da impulsión de auga desde o bombeo de Sobrado ao depósito de Pastoriza. Ao longo da súa vida, esta impulsión sufriu numerosas roturas, poñendo en risco a subministración de auga de todo o concello.

Para eliminar este perigo, substituirase a tubaxe de fibrocemento existente por unha nova de fundición dúctil, que permitirá que a canalización sexa máis elástica. As tarefas levaranse a cabo entre o paso superior da estrada de acceso ao porto exterior ata o inicio das escaleiras que dan acceso á escultura da virxe de Pastoriza.

Co obxectivo de seguir mantendo o servizo actual mentres se realizan as obras, que contan cun prazo de execución de 3 meses e ás que poderán presentarse ofertas ata o 14 de abril de 2021, colocarase a tubaxe na marxe oposta da vía á da condución existente, é dicir, pola marxe dereita sentido Pastoriza. Esta cambiará á marxe esquerda á altura do campo de fútbol.

A nova canalización conectará coa rede existente ao inicio e ao fin do tramo executado. Unha vez finalicen as obras reporase o firme da calzada. As actuacións contan cun orzamento total de 219.806 euros, dos que a Deputación achega 154.668 euros a través do Plan Único.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.