A Deputación de Lugo organiza novas actividades divulgativas en torno á Reserva dos Ancares Lucenses

O programa está dirixido a todos os públicos e inclúe entre este mes e o de abril obradoiros de cociña creativa e vimbio, contos, xogos e cursos de poda e de primeiros auxilios

A Deputación de Lugo organizou unha nova programación de actividades de divulgación e educación ambiental sobre a Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses, Montes de Cervantes, Navia de Suarna e Becerreá, un territorio xestionado pola propia institución provincial.

As xornadas, que arrancan este xoves, levaranse a cabo durante as últimas semanas dos meses de marzo e abril en distintos puntos dos concellos que conforman a Reserva –Cervantes, Navia e Becerreá-, sempre respectando as limitacións de aforo segundo as restricións marcadas polas autoridades sanitarias en cada momento.

Todas aquelas persoas interesadas en anotarse para participar nalgunha das actividades poderán reservar a súa praza na páxina web www.deputacionlugo.gal ou inscricions.deputacionlugo.org; e tamén a través do correo electrónico und.medioambiente@deputacion.org. Para obter máis información poden chamar ao teléfono 982.30.59.30. As inscricións faranse por rigorosa orde de reserva, e ata completar o aforo permitido en cada instalación segundo permitan as autoridades sanitarias.

Programación

O programa está dirixido a todos os públicos e inclúe obradoiros de cociña creativa e vimbio, contos, xogos e cursos de poda e de primeiros auxilios.

Becerreá

  • 29 de marzo: Cociña creativa con produtos da Montaña. Esta actividade consiste en empregar a creatividade elaborando diferentes pratos de cociña con produtos da comarca da Montaña lucense. Actividade dirixida a adultos, no Centro Social de Becerreá de 16.00h a 20.00h. Teléfono para inscricións: 982.360.704.
  • 29, 30, 31 de marzo: Obradoiro de vimbio. Estas xornadas traen de volta os oficios tradicionais, como a elaboración de produtos de vimbio. Actividade orientada a nenos e nenas, no Centro Social de Becerreá en horario de 10.00h a 14.00h. Teléfono para inscricións: 982.360.704.

Navia de Suarna

  • 18, 20, 24 de marzo e 24 de abril: Curso de poda e enxerto de árbores frutais. Este obradoiro iniciará aos participantes na poda e enxerto de árbores frutais. Orientado a adultos, na Escola de Barcia entre as 10.00h e 14.00h. Teléfono para inscricións: 982.365.166.
  • 27 de marzo: Contacontos. Tardiñas de contacontos e xogos para toda a familia ao aire libre na Praza da Vila de Navia de Suarna, ás 17.00h. Teléfono para inscricións: 659.991.400.

Cervantes

  • 26 de marzo: Curso de primeiros auxilios. Celebrarase un curso de iniciación a primeiros auxilios para adultos. Realizarase no Edifico de Servizos Múltiples, en horario de 16.00h a 21.00h. Teléfono para realizar a inscrición: 982.364.904.
  • 26 de marzo: Contos e xogos. Esta actividade ofrecerá contacontos e xogos orientados a toda a familia. Terán lugar no CPI de Cervantes ás 10.00h.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.