A Federación Alzhéimer Galicia reclama con urxencia a vacinación das persoas cunha demencia dos seus centros

A Federación Alzhéimer Galicia reclama a urxente vacinación das persoas cunha demencia neurodexenerativa da Comunidade Autónoma, que están acudindo á recursos comunitarios coma son os recursos de atención diúrna especializados en demencia

A ausencia de vacinación está obrigando ás familias, por medo ó contaxio, a non levar ás persoas usuarias ós centros terapéuticos, o que implica unha sobrecarga das propias familias e acelerar o proceso de deterioro cognitivo asociado á enfermidade ante a ausencia de atención especializada.

Así como as residencias, por ter consideración de centros de carácter comunitarios, foron prioritarias na vacinación, nesta fase é urxente dar prioridade ás persoas máis vulnerables, que neste momento son as persoas cunha demencia neurodexenerativa.

Para as persoas cunha demencia, que teñen un elevado factor de risco fronte a COVID debidoá idade,é esencial asistir diariamente a recursos de atención diúrna -dado o carácter terapéutico dos mesmos para manter a súa capacidade cognitiva e funcional-aumentando así asúa probabilidade de contaxio fronte a COVID19.

“Por este motivo,  desde a Federación Alzhéimer Galicia,  instamos ás Consellerías de Sanidade e de Política Social a que se poñan dacordo para iniciar urxentemente o plan de vacinación das persoas deste tipo de centros”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.