A UDC e COINTEGA colaboran na procura de prácticas curriculares para o alumnado do grao en Xestión Industrial da Moda

A Universidade da Coruña e a Confederación de Industrias Téxtiles de Galicia – COINTEGA Clúster Galego Téxtil Moda están a traballar conxuntamente na procura de prácticas curriculares para o alumnado da primeira promoción do grao en Xestión Industrial da Moda, unha titulación que se imparte desde o curso 2018/19 na Facultade de Humanidades e Documentación do Campus de Ferrol. Está previsto que os estudantes realicen as súas prácticas curriculares a partires de febreiro de 2022

Na actualidade, COINTEGA Clúster Galego Téxtil Moda aglutina a máis de 80 empresas do sector pertencentes a toda a cadea de valor do sector téxtil, da confección e máis da moda. A Confederación é a representante do téxtil – moda galega en todas entidades representativas do sector tales como a Federación Española de Empresas Confección (FEDECOM), a Confederación Española do Comercio Téxtil e Moda (CECOTEX), a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) e AT Clústers Galicia.

Unha titulación multilingüe e única en España

O grao en Xestión Industrial da Moda é o primeiro grao multilingüe (inglés, castelán e galego) do Sistema Universitario Galego. De feito, o alumnado interesado en cursar esta titulación debe acreditar, en tempo e forma, ante a Universidade da Coruña un nivel B1 de inglés. O grao oferta un total de 50 prazas e a súa nota de corte no curso 2020/21 foi de 10,330.

Do mesmo xeito, esta titulación é tamén única en todo o Sistema Universitario Español polo seu innovador e ambicioso plan formativo. O obxectivo final destes estudos é que o alumnado adquira coñecementos e competencias en toda a cadea de valor da industria da moda. Deste xeito, durante a súa formación, o estudantado afonda en cuestións relativas ao deseño, ao management, á enxeñaría de procesos e aos sistemas de información ou á sustentabilidade.

Foto portada: De esquerda a dereita, Pilar Riaño, directora de Modaes.es, Marta Rey García, coordinadora do grao en Xestión Industrial da Moda, e José Antonio Conde, presidente de COINTEGA Clúster Galego Téxtil Moda, na Aula Magna da Facultade de Humanidades e Documentación do Campus de Ferrol nun intre da presentación oficial da titulación en abril de 2018.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.