A Xunta entrega en alugueiro dous pisos de promoción pública no barrio de Garabolos, en Lugo

O delegado territorial, Javier Arias, lembra que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda conta cun parque de 2890 vivendas na capital

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda adxudicou dúas vivendas de promoción pública situadas na rúa Paulo Fabio Máximo, na capital, logo de acondicionalas para recibir aos novos inquilinos. O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou esta mañá no acto de entrega das chaves.

As vivendas entréganse en réxime de alugueiro. Trátase dun piso de 67,2 metros cadrados con dous dormitorios, e un apartamento cun dormitorio e 64,5 metros cadrados de superficie. Ambos contan con garaxe e rocho.

Arias lembrou que a Xunta dispón dun parque residencial de 2890 vivendas no municipio de Lugo, das cales 172 corresponden a esta promoción do barrio de Garabolos. Son xestionadas polo Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), que se encarga de acometer as reparacións necesarias -de ser o caso- e realizar os chamamentos seguindo os listados de adxudicatarios de cada concello.

As persoas interesadas en optar a futuras adxudicacións deberán estar inscritas no Rexistro Único de Demandantes no momento en que se abra o procedemento, un trámite que se pode realizar de xeito presencial ou ben a través da sede electrónica da Xunta.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.