ADEGA Lugo organiza o roteiro “A mestura das augas” o vindeiro día 21 de marzo

Continuando co programa de roteiros do ano 2020/21 ADEGA Lugo organiza para este domingo 21 de marzo o roteiro “A mestura das augas” pola Peroxa e os Peares

Camiñaremos por unha ruta liñal de 11 Km dende A Peroxa até Os Peares, na provincia de Lugo. É un percorrido doado, de baixada, que transcorre por dous cenarios diferenciados: na primeira parte ao carón do río Barra ata Gulfariz; na segunda parte á beria do Miño ata a vila dos Peares, onde poderemos ver a unión dos ríos Sil, Miño e Búbal.

No itinerario poderemos contemplar un ben conservado bosque de ribeira, na primeira parte, ademais de pasar polo Castelo de A Peroxa. Na segunda parte poderemos apreciar algúns dos impactos que ameazan aos nosos ríos, neste caso a presenza de especies de flora exótica invasora pola beira do río Miño.

Coincidindo co día da árbore, faremos un pequeno acto reivindicativo contra o novo plan forestal da Xunta.

Quen quera participar pode inscribirse ata o xoves 18 na bitácora dos roteiros roteirosadegalugo.wordpress.com onde poderá completar a información e tamén chamando ao 982240299.

Durante o desenvolvemento da actividade cumplirase en todo momento o protocolo COVID.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.