Ana Lamas destaca “o importante papel da Cruz Vermella” na loita contra a pandemia

A deputada de Benestar Social reuniuse coa presidenta provincial da entidade, Mercedes Casanova para explorar novas vías de colaboración

A deputada responsable da área de Benestar Social da Deputación da Coruña, Ana Lamas, reuniuse na sede da institución provincial coa presidenta provincial da Cruz Vermella, Mercedes Casanova.

Na reunión, Lamas e Casanova abordaron o importante traballo que desenvolve a entidade e os retos que atravesan ante a situación provocada pola Covid-19 no eido sanitario, social e laboral, e acordaron explorar novas iniciativas nas que traballar conxuntamente para axudar a paliar os efectos da pandemia entre os colectivos máis desfavorecidos.

Ana Lamas destacou e agradeceu “o importante papel da Cruz Vermella, a organización humanitaria máis grande do mundo, na loita contra os efectos que a pandemia está a ocasionar entre os colectivos máis vulnerables”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.