Apoio ao proxecto teatral “Saír, por un intre” no módulo terapeútico do centro penitenciario de Monterroso

A área de Cultura colaborará co Centro Penitenciario de Monterroso no proxecto “Saír, por un intre”, un obradoiro de teatro que se levará a cabo na de Unidade Terapéutica e Educativa (UTE) da prisión00

A vicepresidenta da Deputación Maite Ferreiro, a actriz Cristina Collazo, responsable do proxecto, e Paula Polo educadora social que desenvolve o Plan de Animación Sociolcultural do cárcere anunciaron esta mañá a colaboración que permitirá dar continuidade e reforzar unha actividade que comezou a programarse en 2016 na unidade terapeútica, un módulo específico no que se traballa coas persoas no abondono do consumo de drogas.

Maite Ferreiro valorou o proxecto, que “dá a oportunidade de incrementar o acceso á cultura para a poboación reclusa, con todo o que iso aporta ao desenvolvemento integral da persoa. Desde Vicepresidencia, acreditamos na cultura como dereito, como ferramenta de transformación social, con capacidade para educar, para xenerar experiencias vitais gratificantes e establecer vínculos e canles de comunicación entre as persoas”.

“O apoio a este proxecto responde a esa concepción da cultura e tamén ao compromiso que cremos que as administracións públicas debemos ter coas persoas internas xa que, non debemos esquecer, que a finalidade das penas de privación de liberdade é reinserción e a reeducación”,  argumentou.

O proxecto teatral “Saír, por un intre adiante” enmárcase no Plan de Animación Sociocultural do centro penitenciario que desenvolve a asociación Aliad Ultreia en colaboración co Grupo de Investigación en Pedagoxía Social e Educación Ambiental da USC.

Tras catro anos de actividade voluntaria, a continuidade e a consolidación do proxecto, que tivo desde o inicio unha moi boa acollida tanto por parte das persoas internas como do equipo terapéutico, requería do financiamento que agora achega a área de Cultura.

A inicaitiva desenvolverase de outubro a xaneiro

O obradoiro, que se desenvolverá de outubro a xaneiro, dúas horas á semana xirará entorno ao xogo e a imaxinación, fomentando unha actitude positiva fronte á adversidade.

“A pretensión non vai máis aló que pasar un momento agradable actuando e vendo actuar, desfrutando das posibilidades que o teatro nos ofrece e somerxéndonos en nós mesmas para abrirnos aos demais. Cadaquén poderá elixir a función que quere realizar, dende interpretar, realizar traballos técnicos ou de atrezzo até dirixir.”, explicou Cristina Collazo.

Na actividade, participarán profesionais doutras disciplinas coma a música (coa participación do trompetista e compositor Manuel Paino) ou os títeres ( da man do titiriteiro e actor lalinense Anxo García) para que a montaxe fique o máis completa posibles tecendo así unha rede cultural e interdisciplinar.  Está prevista tamén unha mostra final do espectáculo no salón teatro do centro penitenciario ao que acudirán os familiares dos internos.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.