Augas de Galicia abre un expediente sancionador polos vertidos da gasolineira de Ledoño

O pasado día 10 de febreiro, o Colectivo das Pedras Galladas xunto con ADEGA, solicitamos información a Augas de Galiza, o Concello de Culleredo e ao Servizo de Conservación do Medioambiente da Xunta de Galicia sobre as obras da gasolineira que se está a construír a carón do río Valiñas, en Ledoño. Destas tres solicitudes tan só recibimos resposta das dúas primeiras entidades

Despois de que uns veciños alertaran ao 112 da existencia de vertidos procedentes desa obra, Augas de Galicia levou a cabo tres inspeccións na zona, das cales en dúas delas achou as ditas verteduras. Os resultados da análise son preocupantes, xa que se atopou unha concentración de ate 4300 mg/L de sólidos en suspensión, considerados como contaminantes en ecosistemas de auga doce. Por isto Augas de Galicia ten aberto un expediente sancionador contra os promotores da obra, os cales continuaron coa obra a pesares de ter coñecemento do vertido.

Este tipo de verteduras supoñen un gran impacto no ecosistema ao provocaren elevadas mortandades de plantas e algas, debido ao incremento da turbidez e de animais, ao danar por abrasión as estructuras respiratorias dos peixes e moitos invertebrados acuáticos.

“Dende o Colectivo das Pedras Galladas tampouco comprendemos a necesidade de ter alí unha gasolineira: a escasos 5 metros dun río; nunha zona que, como xa se viu, é facilmente anegable; e tendo xa unha gasolineira a un quilómetro de distancia no Centro Loxístico de Ledoño. Por isto, solicitamos ao alcalde de Culleredo a paralización desta obra e comezamos unha campaña de change.org que xa conta con máis de 300 firmas recollidas”.

“A raíz dos resultados das análises realizadas por Auga de Galicia é visto que non hai vontade por parte da alcaldía de retirala licenza de obra, o Colectivo das Pedras Galladas pide unha vez máis a suspensión desta obra considerando que é necesario e o máis correcto para a protección do noso patrimonio natural”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.