Blas García destaca o apoio da Deputación ás agrupacións de Protección Civil da Coruña

A institución provincial abre a liñas de axudas para actividades, dotada con 60.000 euros

A Deputación da Coruña abre hoxe o prazo de solicitude das axudas dirixidas a agrupacións, asociacións e asociacións de agrupacións de voluntarios de Protección Civil para as súas actividades neste 2021.

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) acaba de publicar a convocatoria desta liña de subvencións, que conta cun orzamento de 60.000 euros, para financiar as actividades das agrupacións de Protección Civil da provincia que pertenzan ou desenvolvan o seu traballo en concellos con menos de 50.000 habitantes. As contías a conceder poderán oscilar entre un mínimo de 1.000 euros e un máximo de 12.000 euros.

O deputado responsable da área de Promoción Económica, Blas García, destacou “o apoio decidido” da Deputación ás agrupacións de Protección Civil da provincia, que ademáis este ano poderán renovar ou adquirir novo material coma scooters, bicicletas e equipos de comunicacións, coma walkie-talkies, para realizar a súa actividade diaria.

García, que tamén é voluntario de Protección Civil en Ames, subliñou e  agradeceu unha vez máis o importante traballo que están a levar a cabo estes voluntarios no contexto de crise sanitaria e económica no que nos atopamos na actualidade.

Entre os gastos a financiar nesta liña de subvencións atópase a compra de bens destinados á actividade, formacións (cursos e material didáctico), organización de eventos e subministracións, entre outros.

O prazo de presentación de solicitudes comeza hoxe e rematará ás 14:00 horas do 31 de marzo de 2021. As tramitacións deberanse facer por vía telemática a través da plataforma SUBTEL da Deputación.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.