CCOO, UGT e CIG convocan folga no sector da limpeza de edificios da provincia da Coruña

Os sindicatos Comisións Obreiras (CCOO), UGT e CIG convocan tres xornadas de folga no sector da limpeza de edificios da provincia da Coruña. A folga rexistrarase hoxe mesmo perante a autoridade laboral e o primeiro dos paros, de vinte e catro horas, terá lugar o día 22 de abril; mentres que se irá a un paro de corenta e oito horas do 11 ao 12 de maio.

As representacións sindicais lembraron que a limpeza é un «sector esencial», polo que o preaviso debe ser de, polo menos, dez días, tempo que se cumpre de sobra ao rexistrarse hoxe mesmo a convocatoria, con case un mes de antecedencia. A convocatoria atangue a todo o persoal de limpeza de edificios da provincia da Coruña, agás nos casos en que exista un convenio propio de empresa ou de centro de traballo.

As tres organizacións decidiron ir á folga ante o «bloqueo» das negociacións do convenio. Despois de sete meses de xuntanzas para renovalo, as posicións continúan moi afastadas pola «teima» da patronal en conxelar os salarios, malia o aumento da carga de traballo pola aplicación dos protocolos covid.

Tres meses de mobilizacións

As mobilizacións no sector comezaron xa en xaneiro con diferentes accións diante das sedes das principais empresas, paralelas a denuncias na Inspección de Traballo por incumprimentos do convenio vixente

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.