Dous días de música en directo para celebrar os 25 anos de CUAC FM

A mellor banda local de 2020, Adhara & Ritman estarán o vernes 26 ás 19:30 no Centro Ágora. A Batalla de Bandas será o sábado con Young Forest e Psychoducks disputando primeiro e segundo premio. A entrada será libre ata completar o aforo reducido ao 30% por normativa Covid19

A música en directo é algo necesario para moitas persoas. Esta fin de semana, venres e sábado, o Centro Ágora da Coruña acolle duas actuacións con acceso libre que servirán como inicio de celebración dos 25 anos de vida da Radio Comunitaria da Coruña CUAC FM 103.4

O venres actuarán Adhara & Ritman, un cuarteto coruñés con temas en galego e unha fusión entre pop rock e outras músicas que lles fixeron merecedores do Premio á Mellor Banda local na XXII Edición do Concurso de Bandas e solistas de CUAC FM. A apertura de portas será ás 19:00 e o comezo está previsto para ás 19:30 horas.

Foto: Tito Ritman e Adhara

O sábado ás 19:00 -apertura portas 18:30) celébrase a tradicional Batalla de Bandas que cada ano acollía a Sala Mardi Gras que continúa pechada. Na loita polo primeiro e segundo posto estarán Psychoducks, xoven banda de Oleiros. O seu rock alternativo ten como influencias a bandas como Radiohead, Cramberries ou Red Hot Chili Peppers. Ainda que na música non existe a competencia real, neste caso terán enfrente a unha banda formada por tres amantes da música de raiz norteamericana: Young Forest. Guitarra, banjo e mandolina, ademáis das suas empastadas voces chamaron a atención do xurado de CUAC FM.

Foto: Psychoducks

Estes dous concertos son posibles grazas ao financiamento da Deputación da Coruña e a colaboración do Concello da Coruña cedendo o auditorio do Ágora. As celebracións dos 25 anos de CUAC FM serán moi diferentes ao que se tiña previsto dende hai tempo pero ao longo de 2021 haberá máis actividades para conmemorar as miles e miles de horas de emisión realizada sen ánimo de lucro e exercendo o dereito humano e recollido na Constitución Española a Comunicar a través de calquera medio de comunicación.

Ambos eventos cumplirán toda a normativa Covid e dende a organización garántese a seguridade total do público asistente.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.