Ecoloxistas en Acción: Novas trabas da Xunta para o autoabastecemento enerxético

Segundo o último decreto para que unha pequena instalación particular de producción enerxía renovábel poidera conectarse á rede e facer unha compensación simplificada de excedentes só era necesario darse de alta na Consellería de Industria aportando un certificado da instalación. A partir da publicación da instrucción 2/2021, con carácter retroactivo, as instalacións enerxéticas deben entregar un certificado da solidez das cubertas e unha licencia de explotación. Estos trámites ademáis do coste asociado aos certificados conlevan unha demora na posta en marcha da instalación, xa que a administración galega acostuma a demorarse varios meses na contestación das solicitudes.
Ecoloxistas en Acción denuncia que con estas novas barreras burocráticas se está claramente desincentivando a democracia enerxética dos “prosumers” e deixando a soberanía enerxética en mans do oligopolio enerxético. Con esta Instrucción da Consellería de Economía, Empresa e Innovación non só se perderán novas instalacións senón que ademais moitas das plantas enerxéticas particulares existentes deixarán de aportar enerxía limpa e renovable á rede.
A organización ecoloxista adirte que con máis trabas administrativas para os productores particulares de enerxía renovable se están dando pasos atrás para superar a dependencia das enerxías sucias. Para superar a crise climática Ecoloxistas en Acción insta ao goberno galego e aos concellos a simplificar os trámites administrativos e reducir as taxas para as pequenas instalacións de enerxía renovable tanto de particulares como de comunidades enerxéticas locais.