Iluminados contra un proxecto sen garantías

No mes de febreiro de 2020,  soupemos das conclusións dunha DIA negativa que anulaba o proxecto da mina a ceo aberto nos concellos de Touro e O Pino e que concluía:

“A reactivación da actividade mineira prevista vai supoñer unha nova presión sobre os sistemas fluviais e as augas subterráneas, sen que se garanta que non se vaia a producir un novo impacto negativo sobre o cliclo hídrico e sen que conste na formulación actual da avaliación practicada a necesaria conformidade da unidade competente en materia de planificación hidrolóxica do Organismo de Bacia.

 Na situación actual, o proxecto non dá resposta completa ás medidas de xestión a adoptar en caso de escenario accidental e, incluso, as medidas de prevención e xestión da continxencia parecen limitarse a xustificar que o suceso non se producirá. Por conseguinte, en caso de materializarse un escenario de risco, non se pode garantir que a actuación proxectada non produza unha grave afección aos valores naturais da zona nin un prexuízo á integridade da Zona de Especial Conservación, en diante ZEC, “Sistema fluvial Ulla-Deza”.”

Unhas conclusións breves para tres anos de resposta social, informes técnicos negativos e centos de organizacións sociais e locais que arremeteron con contundencia contra o que era máis que evidente. Unhas conclusións que resumen 3 anos de traballo contra  un proxecto sin garantías, que soupemos ver nun mes de exposición pública que nos deron para poder presentar alegacións, e sin embargo a administración dilatou e estirou sin explicación durante 4 anos hasta o día de hoxe.

A pesares das evidencias, tivemos que agardar hasta hoxe,  máis dun ano dende a DIA Negativa,  a que a Dirección Xeral de Planificación enerxética e Recursos Naturais, vía nota en prensa, dera a conocer a sua decisión de comunicar a Resolución negativa do proxecto á mercantil Cobre San Rafael SL.

Unha resolución que ainda desconocemos en qué termos se expresa, ningunha das organizacións nin persoas que figuramos na causa como interesadas e/ou afectadas fomos informados nin nos foi ainda remitida, polo que agardamos que se nos poida facer chegar o antes posible sin ter a necesidade de requerila vía rexistro electrónico, como xa é de costume que nos obriguen a reclamar o que por dereito nos pertence, queremos lembrar  as  declaracións do anterior Director Xeral de Mina o señor Tahoces ás persoas da Platafoma contra a mina de Touro, comprometéndose a comunicar a todas as persoas recoñecidas como parte interesada ou afectada a Resolución definitiva no momento en que se producira.  O señor Tahoces foi relevado do seu cargo, pero agardemos que a sua sucesora sí poida cumprir co dito.

Lembremos que de non ser pola resposta social e cidadá este proxecto e tantos outros de similares características – Santa Comba, San Fins, Monte Nema Serra Suido, Iribio, Terra Chá, Mesía- Frades, …- son susceptibeis de aprobación sin ningún tipo de supervisión, nin comprobación, con todas as catastróficas, terribeis, calamitosas repercusións e ausencia de garantías que conlevan para o medio natural, cultural, como así quedou demostrado no caso do proxecto da mina de Touro.

Lembremos que resulta esencial que as administracións deben  permitir que a cidadanía e as organizacións medioambientasis, sociasi,…  teñan dereito ao acceso á información pública en tempo e forma que lles permita defenderse e defender os seus medios de vida e o medio natural e cultural que habitan, en defensa tamén dos seus recursos económicos para vivir, non solo as multinacionais.

Neste proxecto quedou en evidencia a mercantil promotora e tamén a administración.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.